|
A produtora Mr.Misto Films vén de estrear en sendas proxeccións na Praia do Portelo de Burela (Lugo) e na Praza Azcárraga (A Coruña) un moderno sistema de proxeccións, único en Galicia, para o que emprega espectaculares pantallas inchábeis. Mr. Misto Films conta con dous equipos de diferente tamaño e fabricados en PVC, que tanto se poden empregar en exteriores como adaptar para espazos interiores.
A máis pequena das pantallas inchábeis ten unha superficie de proxección ou retroproxección, segundo o sistema que se decida empregar, de 3’65 x 2’13 metros con tea de alta definición e en formato 16:9. A estrutura completa mide 5’00 x 4’00 metros e conta e achega tamén un sistema de ancoralas ao chan. A outra pantalla, de maior tamaño e de proxección frontal, ten unha superficie de proxección de 6’09 x 3’35 metros, tamén en tea de alta definición e en formato 16:9. A estrutura completa da pantalla mide 8’00 x 5’00 metros e vén equipada cun sistema de ancoralas ao chan. Ambos e dous equipos albergan un espazo para a colocación de publicidade estática tanto de xeito vertical coma horizontal. O sistema, adquirido en Estados Unidos, é de grande utilidade ademáis da para as proxeccións de cinema para o seu emprego en grandes eventos, dende concertos a congresos ou exposicións, destacando pola súa versatilidade e pola súa espectacularidade. Boa proba dese carácter espectacular foi a impresión causada entre os máis de 700 asistentes ás proxeccións do programa RedeCurtas tanto en Burela coma na cidade da Coruña. As e os que presenciaron a proxección a través deste sistema de pantallas coincidiron en sinalar que se trata dun sistema "innovador e moi chamativo". Unha das vindeiras citas onde se van a poder instalar este sistema é nas Curtas Minhotas o 4 e o 5 de Setembro.
Conteúdo Relacionado
Anúncio dos apoios à escrita de guiões na Galiza
Audiência Zero e AAG juntam esforços na Informação
Audiência Zero promove ciclo de cinema e música no Passos Manuel
Audiência Zero promove noite no Mutantes
Boiro entra em Acción a 2, 3 e 4 de Novembro
|