AP9-A3 é o nome escolhido para este projecto, da autoria de Cecília Pereira, antiga directora do Centro Galego de Arte Contemporânea. Este evento que tem início no próximo dia 19 de Maio nos espaço Maus Hábitos irá manter-se em exposição até 12 de Julho. O nome deste projecto surge das estradas que ligam o Porto à Galiza e que irá trazer a este espaço cultural um conjunto de artistas galegos com exposições de fotografia, desenho, instalações, performances, pintura e uma selecção musical e graffiti. Neste evento irão estar presentes os seguintes artistas: Pedro Avila, Javier Avila, Antón Cabaleiro, Santi Jiménez, Denis Estévez (Santiago de Compostela), Jorge Couceiro, Adrián Prado, Rita Rodríguez (Corunha), Silvia Garcia (Cangas do Morrazo), Eva Mendoza (Orense), Pablo Pérez Sanmartin (Vilagarcia), Mauro Trastoy (Vilalba), Deguanteblanco e Tetrafreak (DJ's convidados). De destacar o facto de grande parte destas obras terem sido produzidas especificamente para este evento que vai decorrer no espaço Maus Hábitos. É com grande interesse que a Audiência Zero vê este tipo de iniciativas de ligação do norte de Portugal à Galiza, que em tudo se identifica com o projecto que desenvolve nesta plataforma: o projecto Eixo Norte Galiza.
AP9-A3 OS ARTISTAS E AS OBRAS
Rita Rodriguez (A Coruña, 1981) licenciada en BBAA é unha das máis novas performers galegas. Fascinada pola comunicación nas súas máis diversas formas na acción Cosida emprega o seu propio corpo máis un fio para atarse aos transeuntes das rúas portuenses perto de Maus Hábitos, nunha tentativa por atopar posibles conexións e respostas ou sinxelamente para ser interlocutora o mensaxeira entre varias persoas.
Pablo Pérez Sanmartín (Pontevedra, 1980) pertence a última xeración de artistas galegos e conta xa con varias intervencións en exposicións nacionais e internacionais. A súa obra multidiciplinar parte do debuxo, pero consegue todo o seu potencial grazas as composicións que logra empregando a fotografía xogando coa linguaxe publicitaria. Nelas tenta sempre plasmar un universo particular no que, a vez, cada un de nos poidamos recoñecer a nosa propia historia.
Santi Jiménez (Santiago de Compostela, 1979) é un artista creador de imaxes ambigüas no que o espectador se mostra como un voyeur de accións nas que ninguén pode confirmar o que realmente está acontecendo, como unha escenificación das imaxinacións de cada un. Con elas, Santi pretende crear imaxes fráxiles, coidadas e comunicativas que nos permitan crear certa narratividade entre as mesmas. Eva Mendoza (Ourense,1978) participou en exposicións como Emergentes 2004 ou Residentes’05, moi activa no campo da producción e o comisariado é directora da asociación para a mediación cultural Feedback. No vídeo Melodramatic Peach pon de manifesto o melodrama que sofre a muller (melocotón), a cal se lle nega a súa integridade, estabilidade ou autonomía, pero sen un carácter reivindicativo.
Antón Cabaleiro (Santiago de Compostela, 1977) é un artista que traballa principalmente o video, o debuxo dixital ou a fotografía. Un dos seus proxectos actuais é a serie Round trip no que o xogo da mirada e o espectador son os principais argumentos. Cada unha das pezas componse de varias fotografías dun mesmo espacio realizado por medio da rotación da cámara nun punto fixo, obtendo varias visións desde ese punto, como unha clara alusión as diferentes visións que se fan do mundo.
Jorge Couceiro (A Coruña, 1972) licenciado en BBAA pola Facultade de Pontevedra é un escultor de sombras. A súa obra máis recente sintetízase precisamente na súa ansia de crear corporeidade, na maioría dos casos figurativa, partindo de sombras obtidas por unha iluminación directa das súas instalacións, as que lle permiten crear esa fantástica corporeidade, compostas de sinxela enerxía.
O colectivo de grafitteros HardWorkers (H.A.W.K.) surxe no 2004 no entorno da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e reúne aos componentes de deguanteblanco - O´shire, O´ras, Flecha129- con outros “escritores” do eixo atlántico –Jöta e Keops- para a realización de murais de gran formato en Pontevedra, A Coruña, Santiago,… O seu traballo responde a unha coherencia tanto a nivel ético como formal e conceptual, e responde en definitiva a súa actidude de facelo correcto, sen caer na banalización do vandalismo absurdo.
Javier Ávila (Santiago de Compostela, 1983) e un debuxante, ilustrador e pintor en múltiples campos. No 2001 comeza a estudar Belas Artes e publica comic na revista Gazafello, o que continúa facendo como ilustrador e deseñador para grupos como Black Ñam, Deserve ou Brétema, onde mostra as súas principais tendencias: oscuro romanticismo gótico e, fundamentalmente, a crítica social.
Pablo Ávila (Santiago de Compostela, 1983) e un artista atraido polo mundo do comic –sobre todo europeo-, a ilustración e a pintura. A súa obra plasma o seu interés polos temas da mitoloxía clásica, a fantasía histórica, a ciencia ficción e a crítica social, que mostra en diferentes revistas de comic ou en pinturas, debuxos e grabados. Na actualidade cursa Belas Artes e deseña para diversos grupos musicais e para compañía Corbus Belli.
Silvia García (Cangas do Morrazo, 1973) e una artista interesada polo mundo do netart e as instalacións. Nesta ocasión presenta unha instalación de obxectos do cotián, despoxos que mostran a memoria individual das cidades e que se tiran cando unha casa cambia de dono, e que nesta ocacición, retornan a superficie. Na instalación os obxectos connotan ao inservible o que é vello que non sabemos onde gardalo. Formando parte da instalación está un proxecto, no que se mostran os contratos para o esquecemento, que firmaron persoas e no que se compromoetían a esquecer unha obra persoal e intransferible que a artista lles narraba.
Mauro Trastoy (Vilalba, 1971) licenciouse en Belas Artes e xa participou en varias exposicións en España e no extranxeiro. O seu traballo mostra una linguaxe pura e limpa, coa que plasma a súa critica a sociedade que prohibe, castiga e censura e que plasma mediante unha gran figura que representa o peor que hay dentro de cada un de nos e que impera entre as demáis.
E OS DJ´s
BlueMouse traballa coa música dende 1997, cando empezou a facer sesións para os seus amigos, e continuou en bares e clubs de Santiago de Compostela, onde os ritmos electrónicos, caribeños, africanos.... mesturábanse. Pouco a pouco foi experimentando en novas salas, festivais, ... onde a música electrónica de baile foi deixando paso ao rap, funk, rock, blues, jazz... e músicas experimentais, que é o que na actualidade fai, e no que as viaxes por músicas -clásicas e actuais- se unen a improvisación e a mestura de ritmos e estilos na busca de sensacións.
Tetra Freak. Debutan en Maus Hábitos. En 2006, dous dos mellores homes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que formaban un comando, e foron encarceados por un concerto que non cometeron. Non tardaron en fuxir do manicomio no que se encontraban recluidos… Agora, buscados todavía polo seu decano, sobreviven como DJ’s de fortuna pinchando electro 80’s, tecnopop e rollo freaky. Si os precisa e os atopa quizais poida contratalos.
Conteúdo Relacionado
CNC organiza "Festa na Baixa"
Exposição Encruzilhada nos Maus Hábitos
Fat Freddy no Maus Hábitos
FITEI celebra histórica 30ª edição
Galiza em Trânsito nos Maus Hábitos
|