|
A Audiência Zero organizará – com a Agência Audiovisual Galega e a produtora Mr.Misto – a 4 e 5 de Setembro, a primeira edição das Curtas Minhotas. Trata-se dum evento de projecção cinematográfica ao ar livre que contará com uma selecção de 4 filmes portugueses e 4 filmes galegos. No dia 4 a exibição realizar-se-á em Vila Nova de Cerveira, e no dia 5 a mesma sessão passará do outro lado do rio Minho, em Tominho. Como se nota, este é um evento de carácter transfronteiriço e é a principal aposta da secção de cinema do Projecto Eixo Norte/Galiza na programação cultural. |
|
André Martins
|
A curtametraxe de Susana Rei Cousas de Kulechov foi seleccionada no 34 Festival Internacional de San Salvador de Bahía, un dos eventos cinematográficos máis importantes do Brasil. Cousas Do Kulechov foi recentemente a peza gañadora na categoría de documental no On&Off de Ribadeo e agora ven de anunciarse a súa selección nun dos festivais mais veteranos do Brasil. |
|
Xurxo Gonzalez
|
|
No Cantón dos Moreno ateigado con máis dun milleiro de persoas o Festival On & Off pechou a súa terceira edición cunha gala na que se entregaron os galardóns da sección oficial de proxeccións e se coñeceu a curta gañadora do certame de curtas Express, A toda Mecha. A 3º edición confimou a este evento da Mariña lucense como un dos mais orixinais e prometedores festivais de curtametraxes da península. |
|
Xurxo Gonzalez
|
|
No dia 18 de Julho, quarta-feira, reuniu-se à tarde a Comissão da Convocatória de Ajudas à Escrita de Guiões da Conselharia da Cultura e Desporto. O propósito desta reunião era decidir sobre a atribuição dos subsídios para escrita de argumentos. Assim, foram distribuídos 150.000 euros por 14 projectos. A lista – que entretanto se tornou pública – é aqui disponibilizada. |
|
André Martins
|
|
A vila de Ribadeo acollerá entre os próximos días 1 e 5 de Agosto a III edición do Festival Creativo de Curtas On&Off, unha proposta cobizosa e atractiva na que se unen a gravación de curtametraxes exprés, as actividades formativas, as curtas para móbil, as proxeccións ao aire libre e a fotografía. O evento conta coa participación da Axencia Audiovisual Galega. |
|
Xurxo Gonzalez
|
|
<< Início < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fim >>
|